• Carga de materias curso 2026/2027

     

    Durante os próximos días comenzaranse a xerar os espazos de materias oficiais para o curso 2026/2027 co profesorado que estea rexistrado no POD da uvigo. Pregámosvos que non enviedes peticións de carga de materias de grao e mestrado para curso 2026/2027.

    • Se es docente podes consultar o teu  POD rexistrado en Sigma seleccionando o curso académico que desexes
    • As contas de alumnado matriculado en Grao e Mestrado para o curso 2026/2027 iranse creando durante as próximas semanas. O esperable é que ata setembro non haxa contidos dispoñibles.
     

    Soporte

    NOTA: Antes de enviar unha consulta pregámosche que revises as preguntas frecuentes. A maioría de incidencias están explicadas neste apartado.

    FAQs - Preguntas Frecuentes

    Se despois de consultar as FAQs tes calquera dúbida ou problema, podes enviar a túa consulta a soporte.moovi@noreplyuvigo.gal

    Importante

    • Ao escribirnos, debes recibir automaticamente un correo co asunto "Petición rexistrada". Se non o recibes, reenvía a mensaxe. Se non hai resposta en 48 horas, revisa a bandexa de spam.
    • Cando nos escribas, engade toda a información relevante para poder resolver a túa consulta (os teus datos, código da materia, detalles da incidencia, capturas de pantalla etc.).

    Novidades

    Recomendacións sobre os cuestionarios

    Consulta as recomendacións para cuestionarios síncronos con moito alumnado (organización e estabilidade) e a información sobre Safe Exam Browser (SEB).

    FAQ Recomendacións cuestionarios

    FAQ Uso de Safe Exam Browser (SEB)

    Histórico de MooVi

    O profesorado pode consultar as materias dos estudos universitarios oficiais dos cursos anteriores nas seguintes páxinas:

    Acceso

    A primeira vez que accedas deberás usar a función "Esqueceu o seu nome de usuario ou o contrasinal?" para establecer un contrasinal de acceso.

    Ligazón á FAQ

    Acceso centralizado: identifícate na plataforma de teledocencia mediante o teu enderezo da Uvigo, NIU ou DNIe/certificado da FNMT.

    FAQs MooVi

    Estudantes Profesorado

    Protección de datos

    Os datos persoais incluídos en cada materia de Moovi son exclusivamente para a actividade docente

    Todo o persoal docente autorizado con acceso a Moovi ten a obriga, de acordo coa lexislación vixente, de cumprir as normas e políticas que determine a Universidade de Vigo no ámbito da súa actividade docente e adoptar todas aquelas medidas de seguridade, técnicas e organizativas que a Universidade de Vigo estableza para garantir a confidencialidade e o deber de segredo de toda a información de caráter persoal

    Ligazón á FAQ