Servizo circular do Campus


Tras a volta á normalidade do transporte urbano anunciada por Vitrasa, a Universidade de Vigo informa da suspensión do servizo propio ofrecido ao estudantado para subir e baixar ao campus de Vigo (As Lagoas, Marcosende) desde as paradas das Travesas e da praza de España.

Retómase, polo tanto, o servizo circular do campus 

Os horarios e os percorridos das liñas están dispoñibles en www.vitrasa.es 

  Cursos anteriores


O profesorado pode consultar as materias dos estudos universitarios oficiais dos cursos 2020/2021 e 2021/2022 na ligazón: https://moovi2020-2022.uvigo.gal/

Máis información aquí.

  Incidencias co navegador Firefox


Estamos detectando nos últimos días algunhas incidencias no uso de Moovi co navegador Firefox.

Aínda que non é un problema xeral, si ocorre de forma ocasional, polo que temporalmente recomendamos o uso doutros navegadores.



Novidades

Copia de seguridade das materias

É recomendable que ao rematar o curso actual realices unha copia de seguridade das materias en MooVi para almacenalas nun lugar seguro e poder recuperalas no futuro se o precisas.

Ligazón á FAQ

Configuración da vista dos cursos no Taboleiro

Aprende a configurar a vista dos teus cursos no Taboleiro de MooVi.

Ligazón á FAQ

Novas utilidades

Bloque de acción masiva: permite ao profesorado eliminar, duplicar, mover, amosar ou ocultar nun único paso calquera dos recursos e/ou actividades do curso.

Acceso centralizado: identifícate na plataforma de teledocencia mediante o teu enderezo da Uvigo, NIU ou DNIe/certificado da FNMT.

Servizos externos

Turnitin

Como docente, desde o propio Moodle, tes integrada a ferramenta antiplaxio Turnitin, que permite comprobar a orixinalidade dos traballos presentados polos estudantes.

Ligazón á FAQ

Protección de datos

Os datos persoais incluídos en cada materia de Moovi son exclusivamente para a actividade docente.

Todo o persoal docente autorizado con acceso a Moovi ten a obriga, de acordo coa lexislación vixente, de cumprir as normas e políticas que determine a Universidade de Vigo no ámbito da súa actividade docente e adoptar todas aquelas medidas de seguridade, técnicas e organizativas que a Universidade de Vigo estableza para garantir a confidencialidade e o deber de segredo de toda a información de caráter persoal

Ligazón á FAQ

Dúbidas e incidencias

Axuda

Preguntas frecuentes sobre Moovi

Como podo acceder a MooVi?

A primeira vez que accedas deberás usar a función "Esqueceu o seu nome de usuario ou o contrasinal?" para establecer un contrasinal de acceso á aula virtual. 

Tes aquí a información completa: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/axuda/faq/show/acceder-a-moovi/

Soporte

Nota: Antes de enviar unha consulta pregámosche que leas as preguntas frecuentes. A maioría de incidencias están explicadas alí.

Se tes calquera dúbida ou problema, podes enviar a túa consulta a soporte.moovi@noreplyuvigo.gal