Como podo configurar a vista dos meus cursos no Taboleiro de MooVi?
Cando accedes a MooVi cos teus datos, na opción "Os meus cursos" hai un bloque de "vista xeral do curso" no que aparecen os cursos aos que tes acceso como alumno/a ou profesor/a:

Este bloque conta cun filtro para seleccionar se queres ver os cursos actuais, futuros, pasados (se non localizas unha materia, deixa o filtro en "todo"):

Tamén permite destacar ou retirar da vista as materias que desexes:

Cando destacas un curso, aparece unha estrela ao carón do nome da materia. Esta personalización axuda a organizar mellor o espazo de traballo, especialmente cando se teñen moitos cursos. Por exemplo, podes destacar as materias do cuadrimestre en curso e deixar o filtro posto en "Destacado":

Se precisas deixar de destacar ese curso, preme nos tres punto e escolle "Retirar o destaque a este curso":

O seguinte vídeo do profesor Carlos López Ardao explica detalladamente a "Configuración da vista dos nosos cursos no Taboleiro".