Como podo acceder a MooVi?
Podes acceder desde https://moovi.uvigo.gal
Desde a páxina principal, preme en «Acceder» ou «Accede a MooVi»:

A primeira vez que accedas deberás usar a función «Esqueceu o contrasinal?» para establecer un contrasinal de acceso:

Na seguinte pantalla, debes facer a busca polo teu nome de usuario/a, que é o teu documento de identidade normalizado (con letra pero sen espazos, puntos, guións etc.) OU polo teu enderezo de correo-e (o que tes introducido na secretaría virtual)
Recibirás un correo electrónico coas instrucións para establecer un novo contrasinal de acceso. Ten en conta que:
- O correo electrónico que recibes caduca aos 30 minutos. Pasado ese tempo deberás solicitar o envío doutro correo.
- Se non sabes cal é o teu enderezo de correo en MooVi podes actualizalo segundo "Como podo actualizar a miña conta de correo en Moovi?".
Acceso centralizado
Tamén tes a opción de acceder a través do "acceso centralizado":

É preciso dispor dunha conta de usuario/a da UVigo. Para identificarse podes empregar algún dos seguintes mecanismos:
- Conta de usuario da Universidade de Vigo.
- Número de identificación (NIU) da Secretaría Online da Universidade de Vigo.
- Certificado da FNMT ou DNIe.