Moovi Universidade de Vigo
-
Ocultación das materias do curso 2024/2025
IMPORTANTE: o día 01 de decembro procederase a ocultar as materias en MooVi do curso 2024/25 para o alumnado. O profesorado seguirá tendo acceso ás mesmas.
Novidades
Copias de seguridade e restauración das materias de cursos anteriores
O profesorado que desexe reutilizar contidos do curso académico anterior, debe realizar unha copia de seguridade de cada curso e descargala no seu equipo para poder restaurala no curso actual.
Histórico de MooVi
O profesorado pode consultar as materias dos estudos universitarios oficiais dos cursos anteriores nas seguintes páxinas:
- Materias dos cursos 2020/2021 e 2021/2022 na ligazón: https://moovi2020-2022.uvigo.gal
- Materias dos cursos 2022/2023, 2023/2024 e 2024/2025 na ligazón: https://moovi2022-2025.uvigo.gal
Acceso
A primeira vez que accedas deberás usar a función "Esqueceu o seu nome de usuario ou o contrasinal?" para establecer un contrasinal de acceso.
Acceso centralizado: identifícate na plataforma de teledocencia mediante o teu enderezo da Uvigo, NIU ou DNIe/certificado da FNMT.
Soporte
Se tes calquera dúbida ou problema, podes enviar a túa consulta a soporte.moovi@uvigo.gal
Cando nos escribas, engade toda a información relevante para poder resolver a túa consulta (os teus datos, código da materia, detalles da incidencia, capturas de pantalla etc.).
Nota: antes de enviar unha consulta pregámosche que revises as preguntas frecuentes. A maioría de incidencias están explicadas neste apartado.
Protección de datos
Os datos persoais incluídos en cada materia de Moovi son exclusivamente para a actividade docente
Todo o persoal docente autorizado con acceso a Moovi ten a obriga, de acordo coa lexislación vixente, de cumprir as normas e políticas que determine a Universidade de Vigo no ámbito da súa actividade docente e adoptar todas aquelas medidas de seguridade, técnicas e organizativas que a Universidade de Vigo estableza para garantir a confidencialidade e o deber de segredo de toda a información de caráter persoal
Ligazón á FAQ

