Cursos anteriores
O profesorado pode consultar as materias dos estudos universitarios oficiais dos cursos 2020/2021 e 2021/2022 na ligazón: https://moovi2020-2022.uvigo.gal/
Máis información aquí.
Incidencias co navegador Firefox
Estamos detectando nos últimos días algunhas incidencias no uso de Moovi co navegador Firefox.
Aínda que non é un problema xeral, si ocorre de forma ocasional, polo que temporalmente recomendamos o uso doutros navegadores.
Novidades
É recomendable que ao rematar o curso actual realices unha copia de seguridade das materias en MooVi para almacenalas nun lugar seguro e poder recuperalas no futuro se o precisas.
Aprende a configurar a vista dos teus cursos no Taboleiro de MooVi.
Bloque de acción masiva: permite ao profesorado eliminar, duplicar, mover, amosar ou ocultar nun único paso calquera dos recursos e/ou actividades do curso.
Acceso centralizado: identifícate na plataforma de teledocencia mediante o teu enderezo da Uvigo, NIU ou DNIe/certificado da FNMT.
Servizos externos
Como docente, desde o propio Moodle, tes integrada a ferramenta antiplaxio Turnitin, que permite comprobar a orixinalidade dos traballos presentados polos estudantes.
Protección de datos
Todo o persoal docente autorizado con acceso a Moovi ten a obriga, de acordo coa lexislación vixente, de cumprir as normas e políticas que determine a Universidade de Vigo no ámbito da súa actividade docente e adoptar todas aquelas medidas de seguridade, técnicas e organizativas que a Universidade de Vigo estableza para garantir a confidencialidade e o deber de segredo de toda a información de caráter persoal
Dúbidas e incidencias
Preguntas frecuentes sobre Moovi
A primeira vez que accedas deberás usar a función "Esqueceu o seu nome de usuario ou o contrasinal?" para establecer un contrasinal de acceso á aula virtual.
Tes aquí a información completa: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/axuda/faq/show/acceder-a-moovi/
Nota: Antes de enviar unha consulta pregámosche que leas as preguntas frecuentes. A maioría de incidencias están explicadas alí.
Se tes
calquera dúbida ou problema, podes enviar a túa consulta a
soporte.moovi@
uvigo.gal