Como funciona a vista dos meus cursos e o taboleiro en MooVi?
Cando accedes a MooVi cos teus datos, na sección "Os meus cursos" hai un bloque de "vista xeral do curso" no que aparecen os cursos aos que tes acceso como alumno/a ou profesor/a:

Este bloque conta cun filtro para seleccionar se queres ver os cursos en progreso, futuros, pasados (se non localizas unha materia, deixa o filtro en "todo"):

Este bloque permite buscar unha materia (polo seu nome ou código), definir a orde dos cursos e indicar o modo no que se amosan (“Tarxeta”, “Lista” ou “Resumo"):

A opción
que aparece para cada curso, permite destacalo ou retiralo da vista:

Cando destacas un curso, aparece unha estrela ao carón do seu nome. Esta personalización axuda a organizar mellor o espazo de traballo, especialmente cando se teñen moitos cursos. Por exemplo, podes destacar as materias do cuadrimestre en curso e deixar o filtro posto en "Destacado":

Se precisas desmarcar o destaque, preme nos tres puntos e escolle "Retirar o destaque a este curso":

Taboleiro. Pódese personalizar?
O taboleiro é un espazo configurable que ofrece unha visión xeral dos cursos, do progreso e das tarefas ou eventos próximos.

É un espazo flexible no que cada usuario/a pode engadir novos bloques, movelos de posición ou eliminar os que non precise.
Os bloques poden situarse tanto na zona central da páxina como no caixón de bloques lateral (á dereita).
Por defecto, están engadidos os bloques de "cursos de recente acceso" e "calendario". Pero podes engadir novos bloques, eliminar os que hai, agochalos ou editalos. Para facer estes cambios, hai que activar o modo edición:

Os bloques funcionan como pequenas ferramentas visuais que axudan a organizar e acceder rapidamente á información.
Algúns dos bloques son:
- Calendario. Amosa os eventos relacionados cos cursos, como datas de entrega, exames ou outros recordatorios. Os usuarios/as tamén poden engadir eventos no seu calendario a través da opción "novo evento".
- Cursos de recente acceso. Presenta as materias visitadas nos últimos accesos, facilitando o acceso rápido.
- Vista xeral do curso. Aparecen as materias ás que tes acceso.
- Elementos de acceso recente. Mostra os recursos e actividades consultados máis recentemente.
- Próximos eventos. Resume os eventos máis próximos segundo o calendario.
Cada usuario/a pode adaptar o taboleiro as súas necesidades. Ademais, existe a opción de restablecer o taboleiro á configuración por defecto se se desexa recuperar o estado inicial premendo en "Restaurar á páxina a configuración predeterminada":
