Como facer visible ou ocultar a materia ao estudantado
Requisitos de conclusão
Por defecto, todas as materias en MooVi créanse ocultas para o alumnado. Deste xeito, o profesorado pode traballar no espazo virtual sen que os/as estudantes poidan acceder á materia e poñela visible no momento que lle interese.
IMPORTANTE: debe ser o profesorado da materia quen a poña visible.
Cando unha materia está oculta, na sección «Os meus cursos» aparece o texto "Agochado aos estudantes":

Para poñela visible, dende a pantalla inicial do curso, preme na opción «Axustes» do menú superior. Modificar o apartado da visibilidade e escolle "amosar" (non esquezas premer en "gardar e presentar" para facer efectivos os cambios):

Tes a túa disposición esta guía e un vídeo de como comprobar a visibilidade dos teus cursos e como os podes ocultar e facer visibles segundo desexes.