As principais ferramentas de comunicación asíncrona na plataforma MooVi son as seguintes:

  • Foro de avisos (ou de novas): é un foro creado automaticamente en cada materia e de uso exclusivo do profesorado. Serve para enviar anuncios importantes ao alumnado. As mensaxes publicadas neste foro envíanse automaticamente ao correo electrónico de todo o estudantado matriculado na materia (sempre que a materia estea visible).
  • Mensaxes: desde a sección “Participantes”, o profesorado pode enviar mensaxes individuais a estudantes concretos. Estas mensaxes tamén se poden recibir por correo electrónico, segundo as preferencias de notificación configuradas polo usuario/a.  Para máis información consulta a faq "Como funciona a mensaxería en MooVi?".
  • Foros: o profesorado pode crear diferentes tipos de foros (debate aberto, preguntas e respostas etc.) para fomentar a participación do alumnado. Se o alumnado está subscrito a un foro, recibirá por correo electrónico unha copia das mensaxes publicadas nel. Para máis información consulta a faq "Como crear un foro e definir as opcións de participación?".

Para a comunicación síncrona (videoconferencia) a Uvigo dispón doutras ferramentas (Campus Remoto ou Teams).

IMPORTANTE: as mensaxes e notificacións non se envían se a materia está oculta para o alumnado (máis info aquí). Asegúrate de que a materia está visible para que o alumnado poida recibir as comunicacións.