En Moodle, a actividade Foro é unha ferramenta de comunicación que permite a interacción entre o profesorado e o alumnado, así como o debate e o traballo colaborativo. Pode empregarse para discusións abertas, actividades avaliables ou intercambio de dúbidas.

Para crear un foro é necesario ter activado o modo de edición do curso:


Pasos para crear un foro:

  • Na sección correspondente, preme en engadir unha actividade ou recurso:


  • Selecciona a actividade Foro:

  • Introduce un nome e unha descrición, indicando o obxectivo do foro e as normas de participación.
  • Configura as opcións do foro segundo o tipo de uso previsto.
  • Garda os cambios.

O foro aparecerá como un elemento máis dentro da sección do curso.

Que tipos de foro existen?

Ao crear un foro pódese escoller entre distintos tipos, segundo a dinámica que se queira promover:


  • Foro estándar para uso xeral: cada participante pode abrir debates e contestar mensaxes.
  • Foro estándar presentado nun formato semellante ao dun blog: é igual que o foro estándar pero cambia a súa apariencia, os temas de discusión amósanse nunha páxina con ligazóns. 
  • Cada persoa comenta unha discusión: cada participante pode formular un único tema de debate. Cada tema pode ter múltiples achegas.
  • Unha discusión simple única: o/a profesor/a formula un único tema de debate no que todos os participantes poden participar.
  • Foro Q e A (Pregunta e Resposta): o alumnado debe responder a unha pregunta do profesor/a, mentres non pode ver as respostas dos seus compañeiros/as.
Como definir as opcións de participación?

Na configuración do foro pódense establecer distintas opcións que regulan a participación:

  • Subscrición: permite decidir se o alumnado recibe notificacións das mensaxes do foro (opcional, forzosa ou desactivada).
  • Seguimento de mensaxes: facilita que o alumnado identifique as publicacións non lidas.
  • Restricións de publicación: pódese limitar o número de intervencións nun período determinado.
  • Traballo en grupo: o foro pode configurarse con grupos separados ou visibles, segundo a organización do curso.
  • Cualificación: é posible avaliar a participación no foro, se así se desexa. Igual que as tarefas, o foro permite a cualificación simple directa, guía de avaliacion e rúbricas.

Estas opcións permiten adaptar o foro a distintos obxectivos didácticos, desde a comunicación informal ata a avaliación da participación.