Se esqueciches o teu contrasinal de MooVi, podes restablecelo facilmente seguindo estes pasos:

Acceder
  • Debes usar a función «Esqueceu o contrasinal?» para establecer un novo contrasinal de acceso:

  • Na seguinte pantalla, introduce o teu nome de usuario (que é o teu documento de identidade ou NIE) OU o teu enderezo de correo-e (o que tes introducido na secretaría virtual). IMPORTANTE: debes facer a busca por UN SÓ campo.
  • Recibirás un correo cunha ligazón para establecer un novo contrasinal. Ten en conta que:
    1. O correo electrónico que recibes caduca aos 30 minutos. Pasado ese tempo deberás solicitar o envío doutro correo.
    2. Se non sabes cal é o teu enderezo de correo en MooVi podes actualizalo segundo "Como podo actualizar a miña conta de correo en Moovi?".
IMPORTANTE: se non recibes o correo na bandexa principal, revisa o cartafol de spam.