En Moodle, a actividade Tarefa permite ao profesorado solicitar ao alumnado a entrega de traballos en formato dixital, así como revisalos, cualificalos e proporcionar retroalimentación desde a propia plataforma. 

Para crear unha tarefa é necesario ter activado o modo de edición do curso:

Pasos para crear unha tarefa de entrega:

  • Na sección correspondente, preme en engadir unha actividade ou recurso:


  • Selecciona a actividade Tarefa:

  • Introduce un nome e unha descrición da tarefa, indicando as instrucións para o alumnado. 
  • Configura os principais parámetros da tarefa segundo as necesidades da actividade. 
  • Garda os cambios. 

A tarefa aparecerá como un elemento máis dentro da sección do curso.

Que opcións de entrega se poden configurar?

Na configuración da tarefa pódense definir, entre outros aspectos:

  • Tipo de entrega: ficheiros enviados polo alumnado, texto en liña ou ambos.
  • Número máximo de ficheiros e tamaño permitido.
  • Datas de apertura, entrega e data límite.
  • Posibilidade de permitir ou non entregas fóra de prazo.
  • Se o alumnado debe premer nun botón de envío para confirmar a entrega.

Consulta esta faq para máis información sobre os métodos de cualificación dunha tarefa: creación de rúbricas

Como configurar a entrega por grupos?

Outra opción de configuración na tarefa é a entrega por grupos, que permite que o alumnado realice unha única entrega compartida por todos os membros dun grupo. O traballo é común e, cando un estudante entrega, a tarefa considérase presentada para todo o grupo. Do mesmo xeito, a cualificación pode aplicarse conxuntamente a todos os seus integrantes:


Como se revisan e cualifican as entregas?

Unha vez que o alumnado realiza a entrega, o profesorado pode:

  • Acceder á tarefa e premer na pestana "Entregas":

  • Premendo en "entregas" podes visualizar a listaxe do alumnado coas entregas, o seu estado, a última modificación, as entregas etc.  
  • Descargar os traballos presentados.
  • Cualifica cada entrega e engade comentarios ou ficheiros de corrección:

  • Emprega distintos métodos de cualificación, como rúbricas ou guías de corrección, se así se configura a tarefa.