Ao crear unha tarefa en MooVi, podes definir como se cualificará o traballo do alumnado. Estes son os pasos e opcións principais para configurar a cualificación:

  • Accede ao curso e activa a edición.
  • Engade unha nova Tarefa ou edita unha existente.
  • Na sección "Cualificación", configura os seguintes parámetros:
    • Cualificación:
      • Punto: establece unha nota máxima (por exemplo, 10 puntos).
      • Escala: escolle unha escala predefinida (por exemplo, Aprobado/Non aprobado).
      • Ningún: se non se vai avaliar.
    • Método de cualificación:
      • Cualificación directa simple: unha única nota.
      • Rúbrica: componse dun conxunto de criterios, cada un con varios niveis.
      • Guía de corrección: componse dun conxunto de criterios, avaliables sobre unha puntuación máxima.
  • Garda os cambios.

Cualificación mediante rúbricas

As rúbricas permiten avaliar segundo criterios específico. Se escolliches este método de cualificación nunha tarefa, podes crear a rúbrica ou realizar modificacións desde o menú da actividade "Cualificación avanzada":

Cando non hai rúbrica creada, tes dúas opcións:

  • Definir un novo formluario de cualificación dende cero: crea un formulario de cualificación en branco.
  • Crear un novo formulario de cualificación a partir dun modelo: permite reutilizar unha rúbrica xa definida noutra tarefa. A copia é independente, polo que os cambios non afectan ás demais.

Pasos básicos para crear a rúbrica:

  • Indica nome e descrición breve.
  • Engade criterios (p.ex.: estrutura, contido, presentación).
  • Engade niveles de logro para cada criterio (p.ex.: Excelente, Ben, Mellorable).



  • Para gardar:
    • Gardar rúbrica e deixala rematada (lista para usar).
    • Gardar como versión preliminar (non dispoñible para avaliar).

A rúbrica aparecerá ao cualificar a tarefa e será visible para o alumnado se marcas a opción correspondente.

Para máis información sobre cada método, consulta a axuda da URJC Online:
https://urjconline.atavist.com/2025/07/30/metodos-de-calificacion-de-una-tarea/ (URJC Online).