Como crear unha tarefa para entrega de traballos?
En Moodle, a actividade Tarefa permite ao profesorado solicitar ao alumnado a entrega de traballos en formato dixital, así como revisalos, cualificalos e proporcionar retroalimentación desde a propia plataforma.
Para crear unha tarefa é necesario ter activado o modo de edición do curso:

Pasos para crear unha tarefa de entrega:
- Na sección correspondente, preme en engadir unha actividade ou recurso:

- Selecciona a actividade Tarefa:

- Introduce un nome e unha descrición da tarefa, indicando as instrucións para o alumnado.
- Configura os principais parámetros da tarefa segundo as necesidades da actividade.
- Garda os cambios.
A tarefa aparecerá como un elemento máis dentro da sección do curso.
Que opcións de entrega se poden configurar?
Na configuración da tarefa pódense definir, entre outros aspectos:
- Tipo de entrega: ficheiros enviados polo alumnado, texto en liña ou ambos.
- Número máximo de ficheiros e tamaño permitido.
- Datas de apertura, entrega e data límite.
- Posibilidade de permitir ou non entregas fóra de prazo.
- Se o alumnado debe premer nun botón de envío para confirmar a entrega.
Consulta esta faq para máis información sobre os métodos de cualificación dunha tarefa: creación de rúbricas
Como configurar a entrega por grupos?
Outra opción de configuración na tarefa é a entrega por grupos, que permite que o alumnado realice unha única entrega compartida por todos os membros dun grupo. O traballo é común e, cando un estudante entrega, a tarefa considérase presentada para todo o grupo. Do mesmo xeito, a cualificación pode aplicarse conxuntamente a todos os seus integrantes:

Como se revisan e cualifican as entregas?
Unha vez que o alumnado realiza a entrega, o profesorado pode:
- Acceder á tarefa e premer na pestana "Entregas":

- Premendo en "entregas" podes visualizar a listaxe do alumnado coas entregas, o seu estado, a última modificación, as entregas etc.
- Descargar os traballos presentados.
- Cualifica cada entrega e engade comentarios ou ficheiros de corrección:

- Emprega distintos métodos de cualificación, como rúbricas ou guías de corrección, se así se configura a tarefa.