Os bloques son elementos que se colocan no lateral dereito do curso e permiten engadir funcionalidades adicionais, como calendario, avisos, accesos rápidos etc. Son moi útiles para organizar a información e facilitar a navegación do alumnado.

Pasos para engadir un bloque:

  • Accede ao curso en MooVi.
  • Activa o modo edición na parte superior dereita.
  • Preme na frecha da dereita de "abrir o caixón do bloque" (para ocultar os bloques do lateral preme x):

  • Preme en engadir un bloque:

  • Escolle o bloque que desexas engadir da lista dispoñible (calendario, Avisos recentes, Participantes, Actividades etc.):


  • O bloque aparecerá na columna lateral dereita.

Para eliminar un bloque existentes, co modo edición activado, preme nos tres puntos e escolle "Eliminar o bloque X":

Ese bloque sempre vas poder volver engadilo novamente.

Tamén podes mover os bloques de posición, co modo edición activo, escolle as frechas de mover e coloca o bloque onde desexes (lembra que os bloque só aparecen á dereita da pantalla):



Algúns dos bloques existentes son os seguintes:

  • Actividade recente: indica os cambios ou contidos engadidos recentemente no curso.
  • Actividades: mostra todas as actividades e recursos do curso agrupados por tipo (tarefa, foro, cuestionario etc.).
  • Calendario: mostra datas importantes do curso, como prazos de entrega ou apertura de unidades. O profesorado pode engadir eventos manualmente. A actividades como tarefas ou cuestionarios engaden as súas datas automaticamente.
  • Últimas noticias: mostra os anuncios máis recentes publicados no foro de novas do curso.
  • Usuarios conectados: mostra quen está conectado no curso e permite enviarlles mensaxes premendo no icono correspondente. Cada usuario pode ocultar a súa presenza activando a opción do ollo.
  • Texto: permite engadir contido personalizado (HTML, texto, imaxes, táboas) mediante o editor. Pódense crear varios bloques deste tipo e modificar ou eliminar o seu título.
  • Bolsa de recursos: para copiar recursos e actividades entre materias de MooVi de xeito rápido e sinxelo (máis información na faq "Como funciona o bloque «Bolsa de recursos»?")
  • Acción masiva: permite ao profesorado realizar accións nos recursos e actividades dunha materia de xeito simultáneo, en vez de ter que realizar accións repetidas en elementos individuais. (máis información na faq "Como funciona o bloque de «acción masiva»?")
IMPORTANTE: recomendamos prudencia para non sobrecargar a interface dos estudantes con demasiados bloques.