Este bloque é moi útil para copiar recursos e actividades entre materias de MooVi de xeito rápido e sinxelo. Os ítems poden gardarse na bolsa de recursos, funcionando como unha biblioteca de contidos dos cursos que empregas con frecuencia e dispoñibles para duplicarse cando o precises (máis información aquí).

Para utilizalo:

  • Accede á materia na que tes os contidos que desexas copiar e preme en «Activar edición».
  • Na parte inferior esquerda, preme en «Engadir un bloque» e escolle «Sharing Cart» (na interface en inglés) ou «Bolsa de recursos» (na interface en galego/castelán).
  • No menú da dereita aparecerá un novo bloque. En cada sección, recurso ou actividade verás unha icona con forma de cesta, que che permitirá copialo á bolsa de recursos.
  • Podes copiar recursos e actividades de forma individual ou por sección/tema completo.
  • A medida que engadas contidos mediante esta icona, aparecerán no bloque da dereita.

Unha vez que teñas os contidos na bolsa:

  • Accede á materia na que desexas incorporalos, activa a edición e engade de novo o bloque «Bolsa de recursos».
  • O bloque amosará os contidos que copiaches anteriormente.
  • Preme na icona de copiar que aparece á dereita de cada ítem para importalo.
  • Ao facelo, verás uns espazos punteados ao final de cada sección que permiten indicar onde inserir o contido.

Feito isto, o recurso, actividade ou sección quedará copiado na materia correspondente, mantendo as súas características orixinais.


Tes a túa disposición a guía MooVi: bloque «Bolsa de recursos» coa descrición detallada e capturas de todo este proceso.