Como engadir bloques ao curso?
Requisitos de finalización
Os bloques son elementos que se colocan no lateral dereito do curso e permiten engadir funcionalidades adicionais, como calendario, avisos, accesos rápidos etc. Son moi útiles para organizar a información e facilitar a navegación do alumnado.
Pasos para engadir un bloque:
- Accede ao curso en MooVi.
- Activa o modo edición na parte superior dereita.
- Preme na frecha da dereita de "abrir o caixón do bloque" (para ocultar os bloques do lateral preme x):

- Preme en engadir un bloque:

- Escolle o bloque que desexas engadir da lista dispoñible (calendario, Avisos recentes, Participantes, Actividades etc.):

- O bloque aparecerá na columna lateral dereita.
Algúns dos bloques existentes son os seguintes:
- Actividade recente: indica os cambios ou contidos engadidos recentemente no curso.
- Actividades: mostra todas as actividades e recursos do curso agrupados por tipo (tarefa, foro, cuestionario etc.).
- Calendario: mostra datas importantes do curso, como prazos de entrega ou apertura de unidades. O profesorado pode engadir eventos manualmente. A actividades como tarefas ou cuestionarios engaden as súas datas automaticamente.
- Últimas noticias: mostra os anuncios máis recentes publicados no foro de novas do curso.
- Usuarios conectados: mostra quen está conectado no curso e permite enviarlles mensaxes premendo no icono correspondente. Cada usuario pode ocultar a súa presenza activando a opción do ollo.
- Texto: permite engadir contido personalizado (HTML, texto, imaxes, táboas) mediante o editor. Pódense crear varios bloques deste tipo e modificar ou eliminar o seu título.