Opcións de matriculación

Esta materia, PILATES APLICADO EN FISIOTERAPIA, é unha materia optativa do 3º curso do Título de Grao de Fisioterapia. Nela estúdase o uso terapéutico do método Pilates dentro do tratamento que pode administrar un fisioterapeuta aos seus doentes.

Debido aos seus contidos, é importante ter coñecementos de anatomía e biomecánica do aparato locomotor, así como de localización de estructuras anatómicas, valoración ou patoloxía medicocirúrxica.

A materia está composta de tres grandes bloques: un teórico, outro práctico e un aplicado (elaboración dunha clase de Pilates).

Podedes ver o desenvolvemento de estes bloques, así como de como se pretende levar adiante a materia, na guía docente da mesma, na cal se detallan as seguintes consideracións:

  1. Datos identificativos da materia.
  2. Competencias.
  3. Resultados de aprendizaxe.
  4. Contidos. 
  5. Planificación da materia.
  6. Metodoloxía docente. 
  7. Atención personalizada. 
  8. Avaliación.
  9. Bibliografía.

Os convidados non poden acceder a este curso. Inicie sesión neste sitio.