Opcións de matriculación

Esta materia, FISIOTERAPIA XERAL 1, está composta de catro grandes bloques (tal e como se indica na portada da materia e na guía docente). Estes bloques temáticos fan referencia aos campos cos que imos a traballar, tanto na teoría como na práctica, ao longo deste 1º cuadrimestre do segundo curso de Fisioterapia: a masaxe, clásica e algunha modalidade específica, o frío, o calor e a auga.

En cada un dos temas que compoñen os bloques temáticos e, polo tanto, a materia, intentaremos ver dun xeito esquemático, pero de forma razoada, as bases físicas, os efectos fisiolóxicos, as indicacións, o protocolo de aplicación, as precaucións e as contraindicacións do uso de cada unha das modalidades.

En caso de que queirades ter algunha información a maiores, podedes ir á guía docente da materia, na cal se detallan as seguintes consideracións:

  1. Datos descriptivos da materia.
  2. Competencias.
  3. Resultados de aprendizaxe.
  4. Contidos. 
  5. Planificación da materia.
  6. Metodoloxía docente. 
  7. Atención personalizada. 
  8. Avaliación.
  9. Bibliografía.

Os convidados non poden acceder a este curso. Inicie sesión neste sitio.