Opcións de matriculación

A materia "Orientación e Función Titorial" forma parte do módulo común do Mestrado en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Linguas. 

O contido curricular desta materia pretende ser unha ferramenta eficaz, práctica e operativa para o/a estudante —futuro/a docente—, abordando os procesos de orientación e titoría no traballo educativo diario, así como o deseño de plans e programas de acción titorial baseados nun enfoque educativo inclusivo e altamente personalizado, en colaboración cos equipos docentes, o alumnado e as familias. 

Materia pertencente ao programa English Friendly. O alumnado internacional poderá solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atención titorial en inglés, c) realización de probas e avaliacións en inglés. 

Materia pertencente ao programa Portugués Amigável. O alumnado internacional poderá solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia na(s) lingua(s) estranxeira(s), b) atención titorial na(s) lingua(s) estranxeira(s), c) realización de probas e avaliacións en lingua(s) estranxeira(s).

Os convidados non poden acceder a este curso. Inicie sesión neste sitio.