Opcións de matriculación


Benvidas e benvidos á materia de "Educación Permanente do 1º curso do Grao de Educación Social.

Trátase dunha materia troncal e imprescindible dentro da Titulación, que pretende que o alumnado alcance unha aproximación científica e interdisciplinar á Educación Permanente, ademáis de fomentar a súa capacidade crítica, reflexiva e participativa. Polo tanto, a materia ofrece unha experiencias formativa que favorece a integración deste ámbito educativo no desempeño da práctica profesional dos futuros/as educadores/as sociais.

Esta materia depende de vós...si! de vós! Empregaremos unha metodoloxía Aprendixe-servizo, polo que a vosa participación e aprendizaxe será fundamental

Traballaremos no Campus, con AUCE, coas Aulas da Terceira Idade, cunha radio, nunha horta, co Centro Sociocomunitario, coa ONCE... E ata cun equipo de ximnasia rítmica! Todo isto, aderezado con debates na clase e as XXIII Xornadas Interxeneracionais do Campus de Ourense. Seguro que será unha gran experiencia!

Na Plataforma moovi podedes atopar toda a información relativa á materia desenvolvida na aula de clase, así como exercicios prácticos e diversa documentación clave de educación social. 

A materia será impartida polas docentes Isabel e Millán

Un saúdo! chiscadela (Millán)


Os convidados non poden acceder a este curso. Inicie sesión neste sitio.