
DESCRICIÓN DO CURSO
Imos facer unha viaxe no tempo para coñecer e comprender o noso país.
Un percorrido pola historia da lingua galega e da literatura galega.
Unha reflexión sobre a Sociolingüística
Analizar, comentar, crear textos. A lingua e a literatura na teoría e na práctica.
Traballo, xogo, rigor, divertimento.
Prácticas a partir dos sentidos e as emocións. Desenvolver a creatividade.
Espírito crítico e lectura entre liñas.
O ensino e a aprendizaxe mutua.
TITORÍAS
Mércores de 10.00 a 14.00
Procuramos titorías presenciais e convén concertalas previamente (por correo-e, por teléfono ou nas clases presenciais)
Poden ser tamén virtuais ou noutro horario.
DESPACHO: Pavillón 2. 2º piso. Porta 25.
DESPACHO VIRTUAL: Sala 590 - Contrasinal estudantado: G5VeJ8f9
TELÉFONO: 988 387 178
AVALIACIÓN
- Asistencia: (posibilidade de mellorar a nota ata) + 0'5 puntos
- Tarefas: (posibilidade de mellorar a nota ata) + 0'5 puntos
- Proba escrita (Exame): 3 puntos (día 15 de xaneiro)
- Traballo 1: Escoller 3 libros (infantís) de 3 xéneros distintos. Análise lingüística e literaria - comentario - recursos para traballar na aula - exposición. En grupo (de 2 a 5 persoas, depende do número de matriculados/as): 3 puntos (día 10 de novembro. Entrega o día 7 de novembro)
- Traballo 2: Elaboración dun traballo tutelado relacionado co apartado 2 do programa, "Lingua e sociedade", que debe incluír unha parte de investigación empírica. Pode ser individual ou tamén por parellas ou 3 persoas máximo, depende do número de matriculados/as). Exposición do traballo: 3 puntos (día 1 de decembro. Entrega o día 28 de novembro -a data depende da marcha do curso-)
- Creación literaria (2 folios max.) en calquera xénero: poesía, narrativa, teatro, banda deseñada, canción: (posibilidade de mellorar a nota ata) + 1 punto (día 15 de decembro)
Valórase:
- Asistencia a clases
- Participación e implicación
- Facer as tarefas que se piden, que non serán moitas
Os traballos (grupal e/ou individual) teñen un peso importante no glogal da avaliación.
Nos traballos valóranse os obxectivos, a presentación (claridade, ortografía,…), a análise e a argumentación, a documentación, o dominio da lingua (expresión-comprensión oral e escrita), a competencia lingüística escrita, manifestada na propiedade e corrección expresivas, o rigor e a orixinalidade ademais da bibliografía manexada. (30% da nota)
Nas exposicións e debates valórase a expresión verbal, o uso fluído e correcto da lingua, o control do tempo, a capacidade de síntese, a análise, a crítica, a elaboración do propio pensamento a partir de fontes diversas, o dominio do tema.
A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais, a actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de E. Infantil, a competencia para saber aplicar os coñecementos aprendidos na resolución de casos prácticos, as habilidades comunicativas, a organización e o rigor académico.
Para conseguir a nota máxima hai que asistir ás sesións de exposición e debate e entregar os traballos.
SOBRE OS TRABALLOS
DÍA 10 DE NOVEMBRO (entrega o 7 de novembro): traballo de grupo (de 2 a 5): (30% da nota)
3 libros de 3 xéneros distintos (poesía, narrativa, xornalístico, cómic, teatro,...).
Autor, época, título, editorial, resumo, tema, ideas principais, análise lingüística e literaria, recursos para traballar na Aula (exercicios, xogos) de cada libro (infantil). Con introdución e conclusión. Que queremos que aprendan con estes libros.
DÍA 1 DE DECEMBRO (entrega o día 28 de novembro -dependendo da marcha do curso-): Traballo individual (ou máximo 2-3 persoas). Sociolingüística: o galego (30% da nota)
Posibilidades para o Traballo de Lingua e sociedade (algún compoñente empírico):
- Discriminación lingüística - Lingua e dialecto - O chovinismo lingüístico e/ou o autoodio - Facilidade e dificultade das linguas - As irregularidades das linguas - As adecuacións lingüísticas, os rexistros lingüísticos - A diglosia e o conflito lingüístico - Lingua escrita e falada - As políticas lingüísticas - Mitos, prexuízos e tópicos - Lingua en perigo - Sobre a norma e o estándar - Polémicas coa normativa do galego - Préstamos e interferencias - As linguas aproximativas - Mistura de linguas - Alternancia de códigos - Seguridade/inseguridade - Hipercorrección - Redes sociais e lingua.
O DÍA 15 DE DECEMBRO: creatividade: texto literario. (Ata + 1): 2 páxinas. Valórase o emprego de recursos literarios, o traballo sobre o texto, a boa redacción e ortografía, a coherencia dentro do estilo proposto, a orixinalidade, os valores.
EXAME. DÍA 15 de xaneiro (30% da nota). Nesta proba debemos acadar un mínimo de 4 sobre 10.
- Profesor: Fernando Dacosta Pérez