
Esta materia, PILATES APLICADO EN FISIOTERAPIA, é unha materia optativa do 3º curso do Título de Grao de Fisioterapia. Nela estúdase o uso terapéutico do método Pilates dentro do tratamento que pode administrar un fisioterapeuta aos seus doentes.
Debido aos seus contidos, é importante ter coñecementos de anatomía e biomecánica do aparato locomotor, así como de localización de estructuras anatómicas, valoración ou patoloxía medicocirúrxica.
A materia está composta de tres grandes bloques: un teórico, outro práctico e un aplicado (elaboración dunha clase de Pilates).
Podedes ver o desenvolvemento de estes bloques, así como de como se pretende levar adiante a materia, na guía docente da mesma, na cal se detallan as seguintes consideracións:
- Datos identificativos da materia.
- Competencias.
- Resultados de aprendizaxe.
- Contidos.
- Planificación da materia.
- Metodoloxía docente.
- Atención personalizada.
- Avaliación.
- Bibliografía.
- Teacher: Pablo Campo Prieto
- Teacher: Gustavo Rodríguez Fuentes