
Esta materia, FISIOTERAPIA XERAL 1, está composta de catro grandes bloques (tal e como se indica na portada da materia e na guía docente). Estes bloques temáticos fan referencia aos campos cos que imos a traballar, tanto na teoría como na práctica, ao longo deste 1º cuadrimestre do segundo curso de Fisioterapia: a masaxe, clásica e algunha modalidade específica, o frío, o calor e a auga.
En cada un dos temas que compoñen os bloques temáticos e, polo tanto, a materia, intentaremos ver dun xeito esquemático, pero de forma razoada, as bases físicas, os efectos fisiolóxicos, as indicacións, o protocolo de aplicación, as precaucións e as contraindicacións do uso de cada unha das modalidades.
En caso de que queirades ter algunha información a maiores, podedes ir á guía docente da materia, na cal se detallan as seguintes consideracións:
- Datos descriptivos da materia.
- Competencias.
- Resultados de aprendizaxe.
- Contidos.
- Planificación da materia.
- Metodoloxía docente.
- Atención personalizada.
- Avaliación.
- Bibliografía.
- Teacher: María del Rocío Abalo Núñez
- Teacher: Pablo Campo Prieto
- Teacher: Gustavo Rodríguez Fuentes
- Teacher: María Mercedes Soto González