DESCRICIÓN DO CURSO

Imos facer unha viaxe no tempo para coñecer e comprender o noso país.

Un percorrido pola historia da lingua galega e da literatura galega.

Unha reflexión sobre a Sociolingüística

Analizar, comentar, crear textos. A lingua e a literatura na teoría e na práctica.

Traballo, xogo, rigor, divertimento.

Prácticas a partir dos sentidos e as emocións. Desenvolver a creatividade.

Espírito crítico e lectura entre liñas.

O ensino e a aprendizaxe mutua.

 

TITORÍAS

Mércores de 10.00 a 14.00

Procuramos titorías presenciais e convén concertalas previamente (por correo-e, por teléfono ou nas clases presenciais)

Poden ser tamén virtuais ou noutro horario. 

DESPACHO: Pavillón 2. 2º piso. Porta 25.

DESPACHO VIRTUAL: Sala 590 - Contrasinal estudantado: G5VeJ8f9 

TELÉFONO: 988 387 178

 

AVALIACIÓN

- Asistencia: (posibilidade de mellorar a nota ata) + 0'5 puntos

- Tarefas: (posibilidade de mellorar a nota ata) + 0'5 puntos

- Proba escrita (Exame): 3 puntos (día 15 de xaneiro)

- Traballo 1: Escoller 3 libros (infantís) de 3 xéneros distintos. Análise lingüística e literaria - comentario - recursos para traballar na aula - exposición. En grupo (de 2 a 5 persoas, depende do número de matriculados/as): 3 puntos (día 10 de novembro. Entrega o día 7 de novembro)

- Traballo 2: Elaboración dun traballo tutelado relacionado co apartado 2 do  programa, "Lingua e sociedade", que debe incluír unha parte de investigación empírica. Pode ser individual ou tamén por parellas ou 3 persoas máximo, depende do número de matriculados/as). Exposición do traballo: 3 puntos (día 1 de decembro. Entrega o día 28 de novembro -a data depende da marcha do curso-)

- Creación literaria (2 folios max.) en calquera xénero: poesía, narrativa, teatro, banda deseñada, canción: (posibilidade de mellorar a nota ata) + 1 punto (día 15 de decembro)

 

Valórase:

- Asistencia a clases  

- Participación e implicación  

- Facer as tarefas que se piden, que non serán moitas

 

Os traballos (grupal e/ou individual) teñen un peso importante no glogal da avaliación.

Nos traballos valóranse os obxectivos, a presentación (claridade, ortografía,…), a análise e a argumentación, a documentación, o dominio da lingua (expresión-comprensión oral e escrita), a competencia lingüística escrita, manifestada na propiedade e corrección expresivas, o rigor e a orixinalidade ademais da bibliografía manexada. (30% da nota)

Nas exposicións e debates valórase a expresión verbal, o uso fluído e correcto da lingua, o control do tempo, a capacidade de síntese, a análise, a crítica, a elaboración do propio pensamento a partir de fontes diversas, o dominio do tema.

A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais, a actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de E. Infantil,
 a competencia para saber aplicar os coñecementos aprendidos na resolución de casos prácticos, as habilidades comunicativas, a organización e o rigor académico.

Para conseguir a nota máxima hai que asistir ás sesións de exposición e debate e entregar os traballos.

 

SOBRE OS TRABALLOS



DÍA 10 DE NOVEMBRO (entrega o 7 de novembro): traballo de grupo (de 2 a 5):  (30% da nota)

3 libros de 3 xéneros distintos (poesía, narrativa, xornalístico, cómic, teatro,...).

Autor, época, título, editorial, resumo, tema, ideas principais, análise lingüística e literaria, recursos para traballar na Aula (exercicios, xogos) de cada libro (infantil). Con introdución e conclusión. Que queremos que aprendan con estes libros.

 

DÍA 1 DE DECEMBRO (entrega o día 28 de novembro -dependendo da marcha do curso-): Traballo individual (ou máximo 2-3 persoas). Sociolingüística: o galego (30% da nota)

Posibilidades para o Traballo de Lingua e sociedade (algún compoñente empírico): 

- Discriminación lingüística - Lingua e dialecto - O chovinismo lingüístico e/ou o autoodio - Facilidade e dificultade das linguas - As irregularidades das linguas - As adecuacións lingüísticas, os rexistros lingüísticos - A diglosia e o conflito lingüístico - Lingua escrita e falada - As políticas lingüísticas - Mitos, prexuízos e tópicos - Lingua en perigo - Sobre a norma e o estándar - Polémicas coa normativa do galego - Préstamos e interferencias - As linguas aproximativas - Mistura de linguas - Alternancia de códigos - Seguridade/inseguridade - Hipercorrección - Redes sociais e lingua.



O DÍA 15 DE DECEMBRO: creatividade: texto literario. (Ata + 1): 2 páxinas. Valórase o emprego de recursos literarios, o traballo sobre o texto, a boa redacción e ortografía, a coherencia dentro do estilo proposto, a orixinalidade, os valores.

 

EXAME. DÍA 15 de xaneiro  (30% da nota). Nesta proba debemos acadar un mínimo de 4 sobre 10.