Cando te logueas en MooVi, na parte superior dereita, desprégase un menú de usuario, preme na opción «Perfil»:

perfil

Na seguinte pantalla debes escoller «Editar o perfil» e ir á sección «Imaxe do usuario»:

editar perfil imaxe do usuario

Na xanela «Nova imaxe» podes arrastrar unha foto túa (en formato .gif, .jpe, .jpeg, .jpg ou .png). Por último, preme en «Actualizar o perfil».