Como funciona o bloque «Bolsa de recursos»?
Requisitos de finalización
Este bloque é moi útil para copiar recursos e actividades entre materias de MooVi de xeito rápido e sinxelo. Os ítems poden gardarse na bolsa de recursos, funcionando como unha biblioteca de contidos dos cursos que empregas con frecuencia e dispoñibles para duplicarse cando o precises (máis información aquí).
Para utilizalo:
- Accede á materia na que tes os contidos que desexas copiar e preme en «Activar edición».
- Na parte inferior esquerda, preme en «Engadir un bloque» e escolle «Sharing Cart» (na interface en inglés) ou «Bolsa de recursos» (na interface en galego/castelán).
- No menú da dereita aparecerá un novo bloque. En cada sección, recurso ou actividade verás unha icona con forma de cesta, que che permitirá copialo á bolsa de recursos.
- Podes copiar recursos e actividades de forma individual ou por sección/tema completo.
- A medida que engadas contidos mediante esta icona, aparecerán no bloque da dereita.
Unha vez que teñas os contidos na bolsa:
- Accede á materia na que desexas incorporalos, activa a edición e engade de novo o bloque «Bolsa de recursos».
- O bloque amosará os contidos que copiaches anteriormente.
- Preme na icona de copiar que aparece á dereita de cada ítem para importalo.
- Ao facelo, verás uns espazos punteados ao final de cada sección que permiten indicar onde inserir o contido.
Feito isto, o recurso, actividade ou sección quedará copiado na materia correspondente, mantendo as súas características orixinais.
Tes a túa disposición a guía MooVi: bloque «Bolsa de recursos» coa descrición detallada e capturas de todo este proceso.