Como funciona o bloque de «acción masiva»?
Requisitos de finalización
O bloque «acción masiva» permite ao profesorado xestionar de forma simultánea os recursos e actividades dunha materia, evitando ter que realizar accións repetidas de forma individual. Resulta especialmente útil na preparación da materia, xa que permite aforrar tempo ao aplicar cambios de maneira conxunta. Por exemplo, poderás:
- eliminar nun único paso os recursos e/ou actividades que desexes;
- duplicar nun único paso actividades e/ou recursos, dentro da mesma materia ou noutra distinta;
- amosar ou ocultar nun único paso actividades e/ou recursos, sen ter que facelo unha a unha.
Tes a túa disposición a guía MooVi: bloque «Acción Masiva» coa descrición detallada e capturas de todo este proceso.