Borrei por erro un contido do meu curso, podo recuperalo?
Requisitos de conclusão
Se eliminaches por erro un recurso ou unha actividade do teu curso, podes recuperalo desde a papeleira de reciclaxe. Ten en conta que os elementos eliminados consérvanse durante 7 días; transcorrido ese prazo, elimínanse de forma definitiva.
Cando eliminas un elemento, a ligazón á papeleira de reciclaxe aparecerá no menú «Máis» da materia. Ten en conta que pode tardar uns instantes en mostrarse, xa que depende da execución de tarefas automáticas do sistema e da actualización da páxina:

Para recuperar o elemento eliminado, só tes que premer na frecha de «Restaurar»:
