Podo dar de alta a un profesor/a na miña materia en MooVi?
Completion requirements
Se precisas dar de alta a un profesor/a na túa materia que non está en POD, podes inscribilo co rol de profesor/a invitado/a, que ten os mesmos permisos que o rol de profesor/a, agás a posibilidade de matricular outros participantes no curso.
Para iso, accede á materia e vai a sección «Participantes», na parte superior e inferior desta páxina, atoparás unha opción que é «Matricular usuarios»:

Na xanela que se abre, no cadro «buscar» introduce o correo-e do/a profesor/a e escolle «asignar rol» > 'profesor invitado', aparecerache o nome completo que debes seleccionar e, a continuación, preme en «matricular usuarios»:
