Unha vez iniciado o curso académico, a incorporación e actualización do alumnado nas materias oficiais realízase de forma automática mediante a sincronización cos sistemas de xestión académica.

Cando unha persoa deixa de estar matriculada nunha materia (por exemplo, por anulación ou modificación da matrícula), non se elimina da aula virtual. En lugar diso, aparece co estado «Suspendido» na listaxe de participantes.

Este estado impide o acceso á materia, pero permite conservar información relevante asociada ao usuario, como cualificacións, entregas ou rexistros de actividade realizados con anterioridade. Moitas veces fanse cambios na matrícula (incluso de xeito erróneo) e se borramos ao usuario/a da materia e ten feitas entregas, cualificacións asignadas etc. estaríamos borrando tamén eses datos.