Que é H5P e para que serve?
Conditions d’achèvement
H5P (HTML5 Package) é unha ferramenta integrada en Moodle que permite crear contidos interactivos de forma sinxela, sen necesidade de coñecementos técnicos avanzados.
Con H5P pódense crear diferentes tipos de recursos que fan máis dinámica a aprendizaxe, como por exemplo:
- cuestionarios
- vídeos interactivos
- presentacións
- actividades de arrastrar e soltar
- xogos ou simulacións
Estes contidos poden engadirse como unha actividade propia no curso ou integrarse noutros recursos, facilitando a participación do alumnado e facendo os materiais máis atractivos.
Para ampliar información e ver exemplos: