Para engadir novas seccións (temas ou semanas) no teu curso, segue estes pasos:

  1. Accede ao curso no que queres traballar. 
  2. Activa o modo de edición (na parte superior dereita).
  3. Localiza a última sección do curso e fai clic no botón “Engadir sección”  (situado ao final da páxina):
 

Moodle engadirá automaticamente unha nova sección baleira, que poderás: 

  • Renomear (por exemplo: “Tema 5” ou “Bloque 3”). Para renomear unha sección preme na icona do lapis:
  • Engadir contidos (recursos, actividades, etc.). 
  • Mover á posición que desexes dentro do curso:

E podo engadir subseccións dentro dunha sección?

Si, dentro dunha sección poden inserirse subseccións. Para crealas preme na icona subseccióndentro da sección, ao despregarse dá opción a engadir unha subsección: