Como podo engadir novas seccións e subseccións ao curso?
Requisitos do completado
Para engadir novas seccións (temas ou semanas) no teu curso, segue estes pasos:
- Accede ao curso no que queres traballar.
- Activa o modo de edición (na parte superior dereita).
- Localiza a última sección do curso e fai clic no botón “Engadir sección” (situado ao final da páxina):
Moodle engadirá automaticamente unha nova sección baleira, que poderás:
- Renomear (por exemplo: “Tema 5” ou “Bloque 3”). Para renomear unha sección preme na icona do lapis:

- Engadir contidos (recursos, actividades, etc.).
- Mover á posición que desexes dentro do curso:

E podo engadir subseccións dentro dunha sección?
Si, dentro dunha sección poden inserirse subseccións. Para crealas preme na icona
dentro da sección, ao despregarse dá opción a engadir unha subsección:
