Como podo cambiar a visibilidade do meu correo electrónico?
Requisitos de conclusão
En MooVi, os estudantes poden decidir no seu perfil a quen se lle amosa o seu enderezo de correo electrónico.
É importante ter en conta que, independentemente desta configuración, o profesorado da materia e o persoal con funcións docentes ou de xestión si poden ver o correo electrónico do alumnado.
Para modificar a visibilidade do teu correo electrónico:
- Accede a MooVi e fai clic na túa imaxe de perfil e na opción "Perfil":

- Preme en "Editar o perfil":

- No campo “Amosar enderezo de correo electrónico”, escolle a opción que desexes:

- Agochado
- Visíbel por todos
- Visible para os participantes no curso
- Garda os cambios ao final da páxina premendo en "Actualizar o perfil".