En MooVi, os estudantes poden decidir no seu perfil a quen se lle amosa o seu enderezo de correo electrónico.

É importante ter en conta que, independentemente desta configuración, o profesorado da materia e o persoal con funcións docentes ou de xestión si poden ver o correo electrónico do alumnado.

Para modificar a visibilidade do teu correo electrónico:

  • Accede a MooVi e fai clic na túa imaxe de perfil e na opción "Perfil":


  • Preme en "Editar o perfil":

  • No campo “Amosar enderezo de correo electrónico”, escolle a opción que desexes: 


    • Agochado 
    • Visíbel por todos
    • Visible para os participantes no curso
  • Garda os cambios ao final da páxina premendo en "Actualizar o perfil".