Como podo cambiar a visibilidade do meu correo electrónico?
Completion requirements
En MooVi, os estudantes poden decidir no seu perfil a quen se lle amosa o seu enderezo de correo electrónico.
É importante ter en conta que, independentemente desta configuración, o profesorado da materia e o persoal con funcións docentes ou de xestión si poden ver o correo electrónico do alumnado.
Para modificar a visibilidade do teu correo electrónico:
- Accede a MooVi e fai clic na túa imaxe de perfil e na opción "Perfil":

- Preme en "Editar o perfil":

- No campo “Amosar enderezo de correo electrónico”, escolle a opción que desexes:

- Agochado: só os/as usuarios/as cos permisos correspondente, como o profesorado, poden ver o teu enderezo de correo electrónico.
- Visíbel por todos: todos os/as usuarios/as de MooVi poden ver o teu correo electrónico.
- Visible para os participantes no curso: só os participantes dos cursos nos que estás inscrito/a poden ver o teu enderezo de correo-e.
- Garda os cambios ao final da páxina premendo en "Actualizar o perfil".