Non se recomenda subir vídeos directamente a MooVi, xa que os ficheiros audiovisuais teñen un tamaño elevado e poden saturar o servidor da plataforma. En lugar diso, aconséllase empregar servizos externos de almacenamento e compartir a ligazón dende a aula virtual.

✅ Opcións recomendadas: 

YouTube (modo oculto): podes crear unha canle de YouTube e subir os vídeos en modo “oculto” (non aparecen en buscas públicas). Logo, comparte a ligazón na túa materia en MooVi como recurso ou dentro dunha páxina. Por defecto, YouTube permite subir vídeos de ata 15 minutos, pero se verificas a túa conta, poderás subir vídeos máis longos. 
OneDrive: dispoñible coas contas persoais de UVigo. Podes subir os vídeos e compartir a ligazón directamente en MooVi (p.ex. a través do recurso «URL»). A vantaxe é que o vídeo permanece controlado polo teu usuario UVigo. Para compartir a ligazón dun vídeo subido, preme nos tres puntos e escolle «copiar vínculo»:


Na xanela que se abre indica a configuración da ligazón copiada, pero podes modificala premendo en «Configuración»:


Escolle para quen vai funcionar esa ligazón (calquera persoa coa ligazón, persoas da UVigo, só persoas que xa teñen acceso ao ficheiro ou persoas que elixa):

En «Más opciones» escolle se ese ficheiro só se pode ver, editar ou non se pode descargar:


Tamén podes establecer unha data para que expire a ligazón (despois desa data xa non funcionará) e/ou establecer un contrasinal para acceder ao ficheiro. Unha vez establecida a configuración dos permisos da ligazón, non esquezas premer en «Aplicar» para facer efectivos os cambios. 

UVigoTV: se o vídeo forma parte dun proxecto docente ou institucional, podes solicitar a súa publicación en UVigoTV. Unha vez publicado, podes inserilo en MooVi. Consulta a FAQ: Como inserir vídeos en MooVi aloxados en UVigoTV? 
IMPORTANTE: para garantir unha boa experiencia de reprodución e evitar problemas técnicos, é preferible empregar plataformas deseñadas para o almacenamento e distribución de vídeo.