En MooVi podes personalizar que tipo de notificacións queres recibir e por que canle (correo electrónico, web). Isto permíteche controlar mellor a información que che chega da plataforma. 

IMPORTANTE: a recepción de mensaxes no correo-e depende de como teñas configurado nas túas preferencias de notificación e de mensaxes. Por defecto, as notificacións están activadas.

Para configurar as túas notificacións, accede a MooVi e preme na icona do teu perfil (arriba á dereita) e vai a «Preferencias»:



Preferencias de mensaxe: permite configurar as mensaxes recibidas a través do servizo de mensaxería interna. Podes restrinxir quen pode enviarche mensaxes (só o teus contactos ou calquera nos teus cursos) e se queres ou non activar as preferencias de notificación por correo-e: 


Preferencias de notificación: permite escoller como queres ser notificado, por correo-e e/ou por unha mensaxe emerxente ao acceder a MooVi (web), dependendo da actividade (tarefas, foros, leccións, mensaxes etc.):


Como desactivo as notificacións que recibo de MooVi?

Desde as «preferencias de notificación», tamén podes desactivar todas as notificacións, premendo no cadro superior:


IMPORTANTE: algunhas notificacións (como as do foro de avisos) poden estar configuradas como obrigatorias polo profesorado.