A actividade «Cartafol do estudante» permite aos estudantes subir ficheiros para compartilos co resto dos participantes do curso. O profesorado pode aprobar os ficheiros antes de que o resto da clase os vexa ou configuralos como predeterminados. Esta actividade tamén pode vincularse a unha tarefa que xa estea creada nese curso e importar os ficheiros subidos polo alumnado. 

Para crear un cartafol do estudante, é necesario ter activado o modo de edición do curso:

Pasos para crealo:

  • Na sección correspondente, preme en engadir unha actividade ou recurso:


  • Selecciona a actividade «Cartafol do estudante»:


  • Introduce un nome e unha descrición, explica ao alumnado como e para que deben empregar o cartafol. 
  • Modo: podes escoller entre "los estudiantes pueden subir documentos" ou "tomar documentos de una tarea":

 
    • Os estudantes poden subir documentos: se escolles esta opción os ficheiros que suben os estudantes, fano desde este cartafol. Podes escoller o número máximo, tamaño e tipos de ficheiros e datas de entrega.
    • Tomar documentos dunha tarefa: se desexas importar ficheiros subidos a unha tarefa existente nese curso. Se se escolle, amosa un despregable con todas as tarefas do curso para que selecciones de cal queres coller os ficheiros.
  • Aprobado por defecto: se escolles requerido, os ficheiros só se publican despois da aprobación do profesor/a. Se escolles automático os ficheiros son visibles para todos/as de inmediato.
  • Obter aprobación: se escolles requerido, os ficheiros só se publican despois de que o estudante o aprobe. Se escolles automático non é precisa a aprobación do estudante.
Cando está configurado para que o estudante aprobe a súa publicación, despois de subir o ficheiro aparece un despregable no que pode aprobar ou rexeitar a súa publicación:

O profesorado pode subir ficheiros a este cartafol, cambiar o estado de aprobación dos  ficheiros entregados e descargar todos os ficheiros nun zip: