Como podo conceder unha anulación de prazo nunha actividade para un estudante ou grupo?
En MooVi é posible conceder anulacións ou excepcións individuais a estudantes ou a grupos nalgunhas actividades (non está dispoñible en todas as actividades) mediante o uso das chamadas “anulacións”. Esta funcionalidade permite modificar os parámetros dunha actividade (como a data de entrega ou o tempo dispoñible) para un estudante concreto ou un grupo, sen afectar ao resto dos estudantes.
Isto é especialmente útil en casos nos que un estudante precise unha prórroga xustificada, repetir unha entrega ou se produza algún problema técnico ou persoal que impida cumprir os prazos establecidos.
Como crear unha anulación de usuario nunha actividade
- Accede a túa materia en MooVi e localiza a actividade en cuestión.
- Preme no título da actividade para acceder a súa páxina principal.
- No menú de administración da actividade, desprega "Máis" e selecciona “Anulacións”:

- Preme en “Engadir anulación de usuario”:

- Escolle o/a estudante ao que lle queres aplicar a excepción.
- Modifica os parámetros necesarios:

- Por último, podes "Gardar" ou "Gardar e introducir outra anulación" (podes crear varias anulacións para diferentes estudantes, se é necesario).
No caso das probas (cuestionarios) as anulacións pódense configurar con condicións distintas, como as datas, tempo límite ou intentos:

A partir dese momento, ese estudante verá a actividade coas novas condicións personalizadas. O resto do alumnado manterá as condicións orixinais.
No caso das tarefas, se está configurada para permitir só unha entrega, e o estudante xa entregou previamente, debes permitir unha nova entrega.
Se traballas con grupos, tamén podes introducir "anulacións de grupo".