Os foros son ferramentas de comunicación importantes na aula virtual. 

Polo xeral, todas as materias teñen habilitado un foro de anuncios ou avisos, no que o profesorado notifica as novidades ou avisos ao alumnado. Este foro ten a particularidade de que nel só pode escribir o profesorado e o alumnado está subscrito por defecto: unha vez que a materia estea visible, deberías recibir unha copia no teu correo electrónico das mensaxes que se publique nel.

Poden existir tamén outros tipos de foros: de dúbidas, debate etc. 

Como participar nun foro

Se nalgunha materia, o profesorado solicita ao alumnado a realización de actividades de debate, dúbidas etc. a través dun foro, accede a el premendo no seu nome. É importante manter certa orde dentro de cada foro. Se o tema sobre o que vas a escribir non está aberto, entón debes premer en “Engadir tema de debate”:


As mensaxes deben agruparse por tema para que a mensaxe orixinal e as súas respostas poidan ser localizadas facilmente. Polo tanto, se a túa achega no foro se inclúe dentro dun tema xa aberto polo profesor/a ou algún compañeiro/a, debes escribila dentro dese tema (a través de 'Responder') e non abrir un tema novo na parte central do foro:


Cando escribimos unha mensaxe no foro, temos a posibilidade de axuntar un ficheiro. Para poder visualizar esa opción, tes que darlle a "Avanzado":


Ao premer, ábrese a opción de "Anexo" que permite axuntar os ficheiros oportunos:


Sobre a subscrición aos foros

Estar subscrito/a a un foro, implica recibir unha copia por correo electrónico das achegas a ese foro.

Salvo no foro de novas ou avisos, no que a subscrición é forzosa, o resto de foros que o profesorado cree na materia, poden ter a subscrición:

  • opcional: inicialmente ninguén está subscrito e o usuario decide se o quere estar.
  • forzada: todos os usuarios están subscritos e non ten a posibilidade de darse de baixa.
  • Autosubscrición: todos os usuarios están inicialmente subscritos, pero poden darse de baixa.
  • desactivada: non permite a subscrición a ningún usuario. 

No caso dos foros configurados coa subscrición opcional, tes a opción de subscribirte a ese foro entrando nel:



E no caso dos foros de autosubscrición, podes cancelala entrando nel: