Para que serve o tipo de pregunta «CodeRunner»?
O tipo de pregunta CodeRunner, incorporada en MooVi, permite engadir preguntas nas probas nas que o alumnado pode escribir e executar fragmentos de código en distintas linguaxes de programación.
Esta funcionalidade está especialmente pensada para materias de programación, algoritmia, cálculo científico ou calquera outra disciplina na que sexa necesario comprobar a corrección dun código fonte.
Como se crea unha pregunta de tipo «CodeRunner»?
Para empregar a pregunta de tipo CodeRunner, vai ao banco de preguntas do teu curso e escolle "crear unha nova pregunta":

Escolle o tipo de pregunta «CodeRunner»:

Para máis información, consulta a axuda da UCTICEE - Consejería de Educación, Universidades, Cultura y Deportes del Gobierno de Canarias: https://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/mediateca/evagd/?attachment_id=978
Máis información na páxina oficial de CodeRunner: https://coderunner.org.nz/