O tipo de pregunta CodeRunner, incorporada en MooVi, permite engadir preguntas nas probas nas que o alumnado pode escribir e executar fragmentos de código en distintas linguaxes de programación.

Esta funcionalidade está especialmente pensada para materias de programación, algoritmia, cálculo científico ou calquera outra disciplina na que sexa necesario comprobar a corrección dun código fonte.

Como se crea unha pregunta de tipo «CodeRunner»?

Para empregar a pregunta de tipo CodeRunner, vai ao banco de preguntas do teu curso e escolle "crear unha nova pregunta": 



Escolle o tipo de pregunta «CodeRunner»:



Para máis información, consulta a axuda da UCTICEE - Consejería de Educación, Universidades, Cultura y Deportes del Gobierno de Canarias: https://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/mediateca/evagd/?attachment_id=978

Máis información na páxina oficial de CodeRunner: https://coderunner.org.nz/