IMPORTANTE: o proceso de importación só está dispoñible cando a materia de orixe e a materia de destino están aloxadas na mesma plataforma. Se a materia que queres reutilizar pertence a cursos anteriores, deberás empregar o procedemento de copia de seguridade (FAQ) e restauración (FAQ).

Podes copiar os contidos dunha materia en MooVi para outra seguindo estes pasos:

1. Accede á materia en MooVi na cal queres incorporar os contidos.

2. Unha vez dentro, preme na pestana «máis» e selecciona «Reutilizar o curso».

3. Na seguinte pantalla, no despregable escolle «Importar»:


4. Selecciona o curso que desexas importar e preme en «Continuar». Se tes moitos cursos e non aparece na listaxe, podes buscalo no cadro de «Buscar» polo código ou nome:

5. A pantalla «Axustes iniciais» amosa o tipo de datos a importar. Nesta páxina tes dúas opcións: «Saltar ao último paso», que é a opción máis rápida se vas facer unha copia completa da materia e «Seguinte», se precisas seleccionar os contidos que desexas importar.

6. Se premes en «Seguinte», no seguinte paso «Axustes do esquema»  amosa as seccións, recursos e actividades da materia. Debes deixar marcados os recursos/actividades que desexas importar. IMPORTANTE: desactiva o cadro do «Foro de novas» («Anuncios») para evitar duplicalo. Preme no botón «Seguinte» para continuar co proceso:


7. Na pantalla «Confirmación e revisión» amósase un resumo dos elementos a importar. Se todo é correcto preme no botón «Facer a importación».

8. Unha vez rematado o proceso, aparecerache unha mensaxe indicando que a importación foi realizada correctamente. Premendo en "Continuar", volves ao curso no que deberías ter importados os contidos seleccionados.


Tes a túa disposición a guía Importación de contidos doutra materia en MooVi e un vídeo coa descrición detallada de todo este proceso.