Como podo consultar as miñas cualificacións?
Conditions d’achèvement
En MooVi podes consultar en todo momento as cualificacións das materias nas que estás matriculado/a. As cualificacións son as notas ou puntuacións que obtés nas distintas actividades avaliables (tarefas, cuestionarios, foros con cualificación etc.), e normalmente inclúen tamén feedback do profesorado, como comentarios ou incluso puntuacións detalladas mediante rúbricas.
IMPORTANTE: o uso de MooVi para a avaliación non é obrigatorio e depende de cada profesor/a. Hai docentes que empregan MooVi para facer o seguimento completo da avaliación continua e/ou final da materia, mentres que outros poden optar por non utilizar a plataforma para este fin. Por iso, é posible que nalgunhas materias non vexas cualificacións dispoñibles en MooVi, ou que só se empregue para certas actividades. En caso de dúbida, consulta sempre co profesorado da materia.
Para consultalas:
- Accede a MooVi e abre o menú de usuario (arriba á dereita) e preme en “Cualificacións” para ver as notas de todas as túas materias:

- Selecciona unha materia para ver o detalle das cualificacións por actividade.
- Se unha actividade non foi cualificada aínda, aparecerá cun guión (–).
- Podes ver comentarios do profesorado e rúbricas premendo no nome da actividade ou dentro da propia tarefa.
- Se non ves unha nota esperada, pode deberse a que o profesorado aínda non a publicou.
