Como entregar unha tarefa?
Completion requirements
Unha tarefa en MooVi é unha actividade creada polo profesorado para que o alumnado entregue un traballo ou resposta. Pode consistir en subir un ficheiro (por exemplo, un documento, imaxe ou presentación) ou en escribir un texto en liña.
Para entregar unha tarefa:
- Accede á tarefa dentro da materia: entra na túa materia en MooVi e localiza a tarefa que tes que entregar.
- Iniciar a entrega ("Engadir entrega"): se a tarefa está dispoñible para entregar (é dicir, se está dentro do rango de datas habilitado polo profesorado), ao final da páxina debería aparecer un botón chamado “Engadir entrega”. Preme nese botón para comezar o proceso de entrega do teu traballo.

- Sube o teu traballo: unha vez en modo de entrega, podes achegar o ficheiro ou ficheiros co teu traballo (é o profesorado o que determina o número de ficheiros que podes subir a esa tarefa). Tes dúas formas de facelo: podes arrastrar e soltar desde o teu equipo o ficheiro que desexas enviar ou ben podes subilo a través de “Engadir...”:

Preme en “Enviar un ficheiro” > “Elegir archivo”:

Localiza o ficheiro no teu disco duro ou na unidade que o teñas e preme en "Abrir". Unha vez feito isto preme no botón "Enviar este ficheiro". Tras un breve intervalo que dependerá da velocidade da túa conexión, o ficheiro é subido ao servidor. Verás entón o nome do ficheiro que subiches no campo "entregas de ficheiros”.
- Se a tarefa permite texto en liña en vez (ou ademais) de ficheiros, verás unha caixa de texto onde podes escribir ou pegar a túa resposta. Escribe a túa resposta nese espazo se é o caso.
- Entregar tarefa (envío definitivo): moitas tarefas en MooVi están configuradas para requirir un envío definitivo. Se o teu profesor/a configurou a tarefa dese xeito, tras gardar os cambios verás agora unha opción para “Entregar tarefa”. Cando esteas seguro/a de que o ficheiro ou texto son correctos e a versión final, preme en “Entregar tarefa” para confirmar o envío.
IMPORTANTE: as tarefas poden estar configuradas polo profesorado de distintos xeitos, hai casos nos que primeiro subes un borrador da tarefa e mentres estea na fase de borrador podes realizar cambios na entrega, borrando e volvendo a subir outro ficheiro se o desexas a través de “Editar entrega”. Para enviar a versión definitiva, debes premer en “Entregar tarefa”.

- Se o profesorado o habilitou, tamén terás que marcar o cadro de “Confirmo que este trabajo es de elaboración propia, excepto aquellas partes en las que haya reconocido la autoría de la obra o parte de ella a otras personas” (este texto coa interface en galego aparece en inglés) e premer en “Continuar”:

- Unha vez feito isto, a túa tarefa quedará enviada e xa non poderás modificala, a non ser que o/a profesor/a che conceda outra oportunidade. Verás na páxina da tarefa un resumo da túa entrega.