Moodle permite crear grupos nos que sexa o profesor/a o que selecciona os estudantes que forman parte de cada grupo (Para que serven os grupos e como se crean?) pero tamén permite facelo de xeito automático, neste caso sería o sistema o que forma os grupos seleccionando aos estudantes de forma aleatoria.

Desde "Participantes", no menú despregable selecciona "Grupos". Nesa pantalla selecciona a opción "Crear grupos automaticamente":

Enche as distintas opcións de configuración:

Cando remates, preme en "Entrega" e xa estarían creados os grupos e os membros que forman parte de cada un de xeito automático.