Moodle permite crear grupos nos que sexa o profesor/a o que selecciona os estudantes que forman parte de cada grupo, permite facelo de xeito automático (Como asignar os estudantes a grupos de forma automática?) e existe tamén a opción de que sexa o alumnado o que escolla o grupo no que quere inscribirse a través da actividade "grupo de escolla".

IMPORTANTE: antes de crear esta actividade, asegúrate de que os grupos están creados na materia (Para que serven os grupos e como se crean?). Se precisas traballar con varios grupos nunha mesma actividade, podes usar agrupamentos.

Para crear a actividade "grupo de escolla":

  • Accede ao curso e activa o modo edición.
  • Preme no máis e escolle "Activity or resource":

  • Escolle a actividade “grupo de escolla”:

  • Configura os parámetros principais:
    • Define o nome da actividade e a descrición.
    • Selecciona os grupos dispoñibles para a elección.
    • Establece se se permite cambiar de grupo ou se a elección é definitiva.
    • A privacidade dos resultados.
    • Indica o número máximo de participantes por grupo, se é necesario.
  • Garda os cambios.

Para máis información, consulta a guía de URJC online en: https://urjconline.atavist.com/2025/07/03/crear-actividad-de-eleccion-de-grupo/