Cales son os métodos de cualificación dunha tarefa? (creación de rúbricas)
Requisitos de finalización
Ao crear unha tarefa en MooVi, podes definir como se cualificará o traballo do alumnado. Estes son os pasos e opcións principais para configurar a cualificación:
- Accede ao curso e activa a edición.
- Engade unha nova Tarefa ou edita unha existente.
- Na sección "Cualificación", configura os seguintes parámetros:
- Cualificación:
- Punto: establece unha nota máxima (por exemplo, 10 puntos).
- Escala: escolle unha escala predefinida (por exemplo, Aprobado/Non aprobado).
- Ningún: se non se vai avaliar.
- Método de cualificación:
- Cualificación directa simple: unha única nota.
- Rúbrica: componse dun conxunto de criterios, cada un con varios niveis.
- Guía de corrección: componse dun conxunto de criterios, avaliables sobre unha puntuación máxima.
- Cualificación:
- Garda os cambios.
Cualificación mediante rúbricas
As rúbricas permiten avaliar segundo criterios específico. Se escolliches este método de cualificación nunha tarefa, podes crear a rúbrica ou realizar modificacións desde o menú da actividade "Cualificación avanzada":

Cando non hai rúbrica creada, tes dúas opcións:
- Definir un novo formluario de cualificación dende cero: crea un formulario de cualificación en branco.
- Crear un novo formulario de cualificación a partir dun modelo: permite reutilizar unha rúbrica xa definida noutra tarefa. A copia é independente, polo que os cambios non afectan ás demais.
Pasos básicos para crear a rúbrica:
- Indica nome e descrición breve.
- Engade criterios (p.ex.: estrutura, contido, presentación).
- Engade niveles de logro para cada criterio (p.ex.: Excelente, Ben, Mellorable).

- Para gardar:
- Gardar rúbrica e deixala rematada (lista para usar).
- Gardar como versión preliminar (non dispoñible para avaliar).
A rúbrica aparecerá ao cualificar a tarefa e será visible para o alumnado se marcas a opción correspondente.
Para máis información sobre cada método, consulta a axuda da URJC Online:
https://urjconline.atavist.com/2025/07/30/metodos-de-calificacion-de-una-tarea/ (URJC Online).